É a obra dun historiador profesional que indaga a xénese dunha disciplina intelectual fondamente mutada xa no Século das Luces pero que rendería os seus mellores froitos despois das revolucións de finais do século XVIII. O Historismus, historicismo en galego, é a grande achega da escola histórica alemá á cultura universal. Friedrich Meinecke, afirma no limiar deste libro: «O núcleo do historicismo consiste na substitución dunha consideración xeneralizadora das forzas humanas históricas por outra de natureza individualizadora. O prólogo desta coidada edición é de Ramón Villares. Tradución de Henrike Fesefeldt e Xosé Manuel Núñez Seixas.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.