A viaxe xeométrica de Domingo Fontán

A viaxe xeométrica de Domingo Fontán

Cando estudante, Domingo Fontán (1788-1866) asistira durante dous cursos ás aulas de matemáticas sublimes que na Universidade de Santiago impartía o profesor lalinense Xosé Rodríguez, quen co tempo sería coñecido coma o matemático de Bermés, e alí coñeceu as miudezas da triangulación xeodésica empregada para a medición da meridiana dende Barcelona até Formentera que o propio matemático Rodríguez lograra concluír en 1808 cos franceses Biot e Aragó e o español José Chaix, continuando así a medición que Delambre e Mechain fixeran de Dunkerque a Barcelona. Alí tamén concibiu a idea de debuxar un mapa de Galicia segundo os métodos científicos. Este libro dá conta da monumental tarefa que o xeógrafo de Portas levou adiante entre 1820 e 1834, nunha fermosa aventura polos máis esgrevios cumios da nosa terra, facendo unha especial recreación do levantamento da antiga provincia de Tui, que Fontán fixo xunto con Xosé Dionisio Valladares nos meses de maio e xuño de 1829.

Editorial: Editorial Laiovento
Colección: Narrativa
Autor: Alberto Fortes
ISBN: 9788484875352
Edición: 1ª (2021)
Páginas: 246

17,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Cando estudante, Domingo Fontán (1788-1866) asistira durante dous cursos ás aulas de matemáticas sublimes que na Universidade de Santiago impartía o profesor lalinense Xosé Rodríguez, quen co tempo sería coñecido coma o matemático de Bermés, e alí coñeceu as miudezas da triangulación xeodésica empregada para a medición da meridiana dende Barcelona até Formentera que o propio matemático Rodríguez lograra concluír en 1808 cos franceses Biot e Aragó e o español José Chaix, continuando así a medición que Delambre e Mechain fixeran de Dunkerque a Barcelona. Alí tamén concibiu a idea de debuxar un mapa de Galicia segundo os métodos científicos. Este libro dá conta da monumental tarefa que o xeógrafo de Portas levou adiante entre 1820 e 1834, nunha fermosa aventura polos máis esgrevios cumios da nosa terra, facendo unha especial recreación do levantamento da antiga provincia de Tui, que Fontán fixo xunto con Xosé Dionisio Valladares nos meses de maio e xuño de 1829.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán”