«A transformación» é un clásico da literatura publicado en 1915, unha novela breve e intensa na que Franz Kafka verque a súa visión pesimista do mundo, o absurdo da existencia, a soidade, a humillación e a incomprensión, presentes tamén noutras obras súas. Esa destreza para que os lectores -atónitos e desacougados- se poñan na pel de personaxes malditos e fondamente feridos é unha das cualidades da súa inconfundible narrativa. Así, é posible percibir o rexeitamento que sofre o viaxante de comercio Gregor Samsa por parte dos seus achegados e do mundo exterior, e sentir a impotencia e a vergoña do protagonista ante a noxenta e cómica aparencia do insecto
no que se convertera mentres durmía.
Unha lectura perenne porque a súa interpretación vaise adaptando aos tempos e as emocións que transmite son universais.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.