A pintora. Caixóns de auga malva

A pintora. Caixóns de auga malva

14,90 

O libro forma parte dun amplo proxecto no que Lupe Gómez traballou durante os últimos cinco anos. Son seis poemarios que recollen, investigan e aloumiñan a memoria de veciñas súas das terras de Fisteus. Mulleres que xa morreron ou que permanecen vivas. Nesta última obra a autora viaxa no barco do futuro para desembarcar nos veráns da súa infancia, cando nos anos oitenta vía algunhas veces á pintora María Antonia Dans na vila de Curtis. A nena que sentía fascinación ante os resplandores que se debuxaban como feiras de verzas e repolos na presenza da pintora, volve agora entrar na casa-museo para xogar coas emocións intactas das cores, das pinceladas, dos xestos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A pintora. Caixóns de auga malva”