As loitas internas que dividiran a nobreza galega no século XV entre os partidarios de Pedro I e os de Henrique de Trastámara, e logo entre os de Isabel a Católica e os de Xoana a Beltranexa, acabaron con liñaxes de rancio avoengo e propiciaron a fundación de novas estirpes. Nos séculos XVI e XVII afianzáronse dúas tendencias en Galicia: a alta nobreza emigraba cara á corte, mentres que a pequena nobreza ficaba no país. No reinado de Filipe III os políticos galegos desempeñaron un rol de primeira orde na corte e na política internacional de España. Na Idade Moderna, a nobreza galega pasou de ser rural a ser urbana e, malia a creación de novos títulos, diminuíu respecto da poboación total de Galicia.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.