Pouco despois da traxedia do Prestige, Celia, após un estraño e traumático accidente, decide cambiar de aires aconsellada pola súa terapeuta. Viaxa á Vila do Ara Solis onde se instala na antiga vivenda dunha amiga. Alí sentirase profundamente atraída polo retrato de mamá Adela, quen custodia os vellos tesouros familiares entre os que se atopan unhas follas amarelentas que o tempo tornou fráxiles e crebadizas, pero que están cheas de vida, de vellas historias dunha época pasada. Celia decide aceptar a proposta da súa amiga de organizar os retallos de vida de mamá Adela, unha muller cuxo destino se entretece dun xeito misterioso co seu propio. A muller de ollos mouros e intensos é a historia de varias mulleres que, a pesares de pertencer a mundos diferentes e a distintas épocas, loitan por acadar o seu lugar no mundo cun idéntico obxectivo vital: a procura da felicidade.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.