Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022.
Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV “Mad Men” e o ensaio de Betty Friedan “The Feminine Mystique”, texto clave da segunda onda do feminismo. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década de 1960, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e a televisión. Betty Draper, un dos personaxes principais da serie, representa o paradigma da mística da feminidade, pois amosa todos os síntomas das mulleres de clase media da época, consagradas aos labores domésticos a pesar de acadar os seus dereitos políticos e civís antes da 2GM. Abórdase tamén o estigma que supón o concepto de muller de carreira a través doutros personaxes, como Peggy Olson e Joan Holloway, para mostrar os diferentes niveis de dependencia dos convencionalismos sociais.
A mística da feminidade en Mad Men
Sé o primero en valorar “A mística da feminidade en Mad Men” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.