Unha entrañable historia de amizade entre un can e un neno vista dende outra perspectiva. Ter unha mascota é unha experiencia enriquecedora, pero coidar dela non é unha tarefa doada. Fan falla altas doses de cariño e empatía, aínda que tamén de moita paciencia. Este álbum narra con humor e ironía a relación de amizade entre Coco e a súa “mascota” dende un punto de vista diferente, nun día repleto de aventuras, xogos e complicidades. As ilustracións minimalistas de Alejandra Estrada complementan o texto acentuando este xogo de roles entre os dous protagonistas. Utiliza trazos áxiles e dinámicos marcando a xestualidade e a expresividade corporal de ambos. A tradución é de Iago Nicolás.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.