As fotografías de José López, “Pereira”, falan da memoria, da lembranza dunha vila e dunhas xentes que a habitaron e foron deixando nela unha fonda pegada que contribuíu a enriquecer o patrimonio material e inmaterial da provincia de Lugo e do conxunto de Galicia. De aí o título de memoria mergullada, imaxe que recolle con sentido literario a desaparición dunha vila baixo as augas dun encoro e, en certa maneira, as súas causas e consecuencias. As imaxes de Pereira, fotógrafo e fogueteiro, recollen, en boa medida, a materia e o espírito do pasado dunha vila desenvolvida dende a Idade Media ás beiras do río Miño e ao abeiro do camiño francés a Santiago e a súa bisbarra. Son o alento de moitas cousas que, desgraciadamente, desapareceron. Con textos de Eduardo Ochoa e Adolfo de Abel Vilela.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.