Anna Aemelin, afamada ilustradora de libros infantís, vive illada do mundo nunha ampla e solitaria casa de campo. Pero a súa vida cambia coa chegada de Katri Kling, unha moza seria, intelixente e implacable que se fai acompañar dun impoñente pastor alemán. A relación entre as dúas mulleres dará pé a un xogo sutil no que non sempre queda claro onde acaba a axuda e principia o interese. Publicada orixinalmente en 1982, esta novela de marcado cariz psicolóxico explora non só a cuestión de honradez, senón tamén temas de calado como a construción da identidade, a relevancia do diñeiro ou a necesidade de compañía. Traducida do sueco por Marta Dahlgren

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.