Escuro e descarado, A falsa autónoma solta un obús sobre contidos infrecuentes para a poesía e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades económicas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de débeda, obediencia e autoexplotación dun xeito transcendente. Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun campo cultural tan inzado de clarescuros. Unha voz, quer sarcástica, quer autocrítica, desesperada ou rabiosa, profundamente política, pon o foco na maquinaria á vez insaciable e degradante do capital, deixando ver que o mandato económico é, á fin e ao cabo, un mandato de miseria.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.