Segundo volume da colección conmemorativa do 75 aniversario da Editorial Galaxia. A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro publicouse en 1973 por vez primeira. Para esta edición recupérase cun limiar de Javier Olleros, cociñeiro do restaurante Culler de Pau de O Grove, recoñecido con dúas estrelas Michelin, e con ilustracións de Maruxa Caeiro. Co seu saber enciclopédico e cun fermoso alento literario, Cunqueiro escribe as mellores páxinas sobre a gastronomía galega, polas que transitan lampreas, queixos, mariscos, empanadas, porcos, caldos, verduras e, por suposto, os viños.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.