“Os textos aquí reunidos, se cadra derivados da nostalxia insensata pola chuvia que aínda non choveu, actúan como guías sonoras nalgunha estrada secundaria que conduce a unha visión atípica, paradoxal e contraditoria do mundo. Ou non -xa se sabe que deus é bo, e que o demo ten contratos por obra-, recollendo unha ducia de anos e algúns centos de aforismos, epigramas, ditos dos vellos, haikus, metáforas núas, micropoemas, anaforismos ou insólitos etcéteras; acaso pasadoiros de verbas irtas para tentarmos atravesar enxoitos, quen dera, a enchenta cotiá de ludre”. Texto do autor

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.