Publicado por vez primeira en 1876, este poema presenta con humor infinito a viaxe imposible dunha tripulación improbable para achar unha criatura inconcibible. Unha peza mestra do nonsense cun texto enxeñoso, cheo de termos inventados, no que o épico e o misterioso se mesturan co caótico e o deliciosamente absurdo. Unha excelente tradución de Alberto Ruiz de Samaniego e Xabier Meilán dunha obra pouco coñecida do gran Lewis Carrol, ilustrada por Óscar Villán, que fala da transcendencia de perseguir os soños, aínda que parezan imposibles.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.