A casa do pai

A casa do pai

Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balance das renuncias e as perdas e sente que debe recuperar dalgún xeito os soños relegados, como a escrita e a ilusión de montar unha editorial coa súa cuñada e grande amiga da mocidade. Os máis de trinta capítulos curtos de A casa do pai presentan unha hábil alternancia de tres voces, algúns cambios de perspectiva e sucesivas analepses. A miúdo máis suxeridas ca evidentes, toca temas como as complexas relacións entre a masculinidade e o feminismo, o inmobilismo, a culpa, a complicidade, a identidade, os segredos, a memoria ou os roles convencionais. Recoñecido como Mellor libro do ano en éuscaro pola Asociación de Librarías de Navarra e mais pola 111 Akademia. Traducido do éuscaro por Isaac Xubín.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Karmele Jaio
ISBN: 9788412393361
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 212

16,50 

2 dispoñibles

Jasone e Ismael son unha parella que arrastra certa crise dende que as fillas abandonaron a casa familiar. El, escritor, pasa por un momento de bloqueo creativo que cadra coa responsabilidade de ter que coidar do pai namentres a nai está ingresada, o cal provoca que agromen recordos traumáticos que derivan na reinterpretación da vida familiar. Jasone, pola súa banda, fai balance das renuncias e as perdas e sente que debe recuperar dalgún xeito os soños relegados, como a escrita e a ilusión de montar unha editorial coa súa cuñada e grande amiga da mocidade. Os máis de trinta capítulos curtos de A casa do pai presentan unha hábil alternancia de tres voces, algúns cambios de perspectiva e sucesivas analepses. A miúdo máis suxeridas ca evidentes, toca temas como as complexas relacións entre a masculinidade e o feminismo, o inmobilismo, a culpa, a complicidade, a identidade, os segredos, a memoria ou os roles convencionais. Recoñecido como Mellor libro do ano en éuscaro pola Asociación de Librarías de Navarra e mais pola 111 Akademia. Traducido do éuscaro por Isaac Xubín.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A casa do pai”