Este é o verán soñado de Esther Greenwood, o verán en que os esforzos académicos desta brillante universitaria a levan a obter un posto en prácticas nunha revista femenina de Nova York. É a oportunidade perfecta para coñecer a gran cidade e relacionarse con xente interesante e influente. En teoría, é o mellor momento da súa vida. En teoría, está ás portas dun futuro prometedor. E porén, Esther non consegue soentir que é así. Esther non consegue sentir nada.
De caracter semiautobiográfico, “A campá de vidro” narra con absouta mestría a espiral depresiva en que se afunde a protagonista, unha moza que se enfronta á imposible decisión entre o futuro que desexa e o que a sociedade do seu tempo lle impón.
A campá de vidro
Sé o primero en valorar “A campá de vidro” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.