Obra que mostra con crueza e clarividencia as costuras do namoramento, as súa contradicións e a devastación final, os cascallos do desamor sobre os que unha muller ten que erguer unha nova vida, da que ser a única soberana. Unha muller madura percorre Venecia na compaña da súa nai para reconstruírse apañando os mil anacos do espello esnaquizado da que foi a súa relación cun home casado. Primeira novela da autora, unha das fundadoras das librarías Cronopios.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.