A árbore desvelada

A árbore desvelada

15,00 

3 dispoñibles

A deste libro é unha voz que entende a poesía como o labor de tecer verbas e urdir signos e sons cos vimbios esvaradíos do tempo e do aire. Isto é, á fin, o mellor que o poeta ten para dar as grazas en homenaxe e celebración de persoas, feitos ou lugares que o acompañaron e enriqueceron ao longo dos anos, deixándolle un pouso impagable. Son versos que levan dende o abraio ante a obra ou a sensibilidade dunha figura exemplar ata a exaltación dunha feliz experiencia ou das vivencias que propician as viaxes. Versos, ao tempo, que tampouco non esquecen deixar un testemuño de repudio dos acontecementos que ensombrecen, e empeoran, o mundo. Xorden así, nos labirintos da palabra, poemas que acaban por compoñer unha posible constelación, un vago mapa, unha certa paisaxe afectiva e moral…

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A árbore desvelada”