O vento zoa alá no alto, na coroa da árbore. As pólas abanean e fregan as unhas contra as outras mentres que, nalgún lugar por debaixo delas, na fenda enorme chea de larvas de vacaloura, alguén peta no tronco da árbore. A araña, que pende dun fío, acaba de tecer outra arañeira. E o cuco canta no seu niño. Así pasa a vida cada día nunha árbore. Un carballo é como unha casa, con moitos animais, pequenos e grandes, vivindo nela. Ilustracións de Magdalena Takácová e tradución de María Reimóndez.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.