Mero Iglesias titula estas memorias súas e de Fuxan os Ventos cun verso en homenaxe e lembranza de amizades cantoras. Fala da experiencia do grupo como de un “compromiso de cantarnos a nós, para todos nós, para dicir que estamos aquí”, nun contexto difícil, de problemas e miserias, pero no que contaron “coa complicidade dunha sociedade que tiña desexos de identidade”. O volume recolle medio século de Fuxan e da música daqueles anos da historia recente de Galicia.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.