27 historias para tomar a sopa

27 historias para tomar a sopa

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Seteleguas
Autor: Ursula Wölfel,Pablo Bernasconi (il.)
ISBN: 9788484644941
Edición: 5ª (outubro 2019)
Páginas: 72

15,00 

1 dispoñibles

Aínda que á sopa lle falta sal, sempre a poderemos facer máis apetecible contando unha historia e, se son 27, terá moito mellor sabor…
A apaixonante historia da máquina de saltos-xira-balanceadoratocabuguinas, os gustos culinarios das vacas, o temor a voar dunha bolboreta recén nacida ou a xenerosidade dun esquío cunha familia de ratiños campestres son algúns dos relatos breves -pero de intenso sabor- que vai debullando unha nai para abrir o apetito do seu fillo. As narracións humorísticas de Ursula Wölfel complétanse coa sorprendente proposta gráfica de Pablo Bernasconi, de luminoso colorido, coas técnicas da colaxe e da fotomontaxe. Para tomar a sopa, ir á cama, bañarse… calquera actividade volverase irresistible se a precede algún destes contos, de linguaxe sinxela.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “27 historias para tomar a sopa”