Logo da publicación dos Libros 1 e 2, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 -en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito-, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.