“Derrotas”, a exposición de Tucho Calvo

“Derrotas” é o título da exposición de Tucho Calvo que poderá visitarse na libraría Biblos de Betanzos durante todo o mes de outubro. Esculturas de diversos formatos e composicións, fotografía e textos integran esta mostra na que as derrotas non son o efecto de ser vencido, senón máis ben todo o contrario. Fronte ao utópico rumbo que establece unha ruta prefixada, a cada intre ábrense mil camiños que establecen a derrota que deberá figurar no caderno de bitácora. Así, restos de embarcacións e crebas diversas afrontan nesta mostra unha vida nova de denuncia e esperanza. Acompañaron a Tucho Calvo na inauguración a historiadora e crítica da arte Mercedes Rozas; tamén Miguel González Vázquez e Iñaki Azurmendi que nos deleitaron cunhas improvisacións ad hoc con saxo e baixo.

Compártelo en las redes

Deja un comentario