Eichmann en Xerusalén

Eichmann en Xerusalén

15,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Entre abril e decembro de 1961 celebrouse en Xerusalén o xuízo contra Adolf Eichmann, tenente coronel da SS, encargado da expulsión xudía entre 1938 e 1941, e logo responsable do transporte de xudeus cando se aplicou a Solución Final no 1942 baixo as ordes de Reinhard Heydrich. Hannah Arendt, que chegou aos Estados Unidos como refuxiada xudeoalemá, asistiu ao xuízo como correspondente do periódico The New Yorker por petición propia. Tamén influíu nesta petición o seu interese na formación e creación dos réximes totalitarios que xa se albiscaba nela no ano 1951 coa publicación de As orixes do totalitarismo. No seu relatorio, Arendt recolle a biografía e traxectoria profesional de Eichmann e o papel que xogou no Reich, a súa detención en Arxentina en 1960 e as súas declaracións durante o xuízo, tras o cal foi sentenciado a morte e aforcado o 31 de maio de 1962. En 2025 cúmprese o cincuentenario do falecemento de Hannah Arendt (1906-1975). A súa figura volve cobrar protagonismo á luz do troco de papeis de Israel e o paso de exterminado a exterminador. Con prólogo da pola máis prestixiosa especialista sobre Arendt en España, a catedrática da Universidade de Barcelona Fina Birulés, escrito en catalán e versionado para galego por outra profesora da mesma UB Helena González.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Eichmann en Xerusalén”