Coñézanos
Proxecto Biblos
Hai case vinte anos, o 2 de marzo de 2003, dábase a coñecer Biblos Clube de Lectores co lanzamento de 278.000 exemplares do primeiro número da súa revista bimensual, que hoxe é a máis antiga das publicacións galegas deste tipo. Con el ofrecemos aos nosos socios información oportuna e a posibilidade de adquirir todas as novidades que ofrecen os editores e a industria discográfica, ademais de contabilizar os principais lanzamentos no campo da lusofonía.
O 15 de agosto de 2013 inauguramos a libraría Biblos no corazón do centro histórico de Betanzos e con ela reafirmamos un proxecto que segue apostando pola difusión cultural no sentido máis amplo, atento a ofrecer as últimas novidades editoriais en castelán, galego e Portugués e sempre preparado para atender calquera petición no menor tempo posible. Dotada dunha sala multiusos, a libraría acolle desde a súa apertura infinidade de eventos e actividades abertas a todas as iniciativas, desde as máis diversas exposicións e presentacións artísticas, conferencias, debates, intervencións musicais, obradoiros, cursos, etc.