Un corvo en Caldaloba

Un corvo en Caldaloba

“Un corvo en Caldaloba é o resultado dunha peza teatral que cumpre con varias funcións fundamentais; dunha banda, a función didáctica, axeitada para calquera público; doutra, é unha obra curta que se adapta mesmo aos horarios lectivos podendo ser representada nunha sesión de clases nos centros de ensino. Cumpre tamén cunha sinxeleza de montaxe e economía que permite ser representada por grupos de teatro amador de centros de ensino, asociacións ou calquera clase de entidade social, veciñal e cultural e, polo tanto, achegala tanto a quen fai teatro como a quen o goza del dende as súas cadeiras.” Extracto do prólogo de Antón Guizán.

Editorial: Medulia Editorial
Autor: María Xosé Lamas
ISBN: 9788419438003
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 48

13,00 

11 dispoñibles

Texto que nace dunha clara vontade de divulgación da historia; pensado para representar en centros escolares e que agocha tamén un propósito reivindicativo que pon no punto de mira a necesidade de velar polo patrimonio da Terra Chá seguindo a senda da Plataforma pola Restauración da Fortaleza de Caldaloba. A obra está dedicada a Xosé Luís García Mato, persoa que inspirou á autora á hora de poñer título á peza teatral e que ela converteu en narrador omnisciente dos feitos que acontecen nos últimos días de asedio á fortaleza ao remate do século XV, con Constanza de Castro, filla do mariscal Pardo de Cela, e o seu home, Fernán Ares de Saavedra, como protagonistas principais. Esta peza dramática en tres actos tivo unha primeira edición non venal a cargo do Instituto de Estudos Chairegos e sae agora con ilustracións de Sofía Naseiro ideadas para amosar a vestimenta das personaxes.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Un corvo en Caldaloba”