Web non actualizada. Páxina en construción. Mellor chámenos ao 981771816 ou escríbanos a librariabiblos@biblosclube.com

Reo

Reo

16,12 

4 dispoñibles

Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera. Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá transformado, aínda que non como Reo espera. Velaquí un dos argumentos da novela gañadora do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil 2013 e na que, ademáis de envolvernos nunha trama trepidante arredor de Reo, o hip hop, as bandas dos barrios e ás veces a tristeira vida cotiá de quen ten horizontes máis grandes, deita unha interesante reflexión sobre a vida dos mozos e mozas dos nosos días, sobre as súas angueiras e esperanzas. Reo está escrita nunha linguaxe directa que nos atrapa dende o primeiro instante, como un graffiti colorido e ben feito. Directo. Engaiolante. Definitivo.

Reo

Autor Xesús Fraga
Portada Ver portada
Editorial Editorial Galaxia
ISBN 9788498655421
Colección Costa Oeste

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Reo”