A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun «modelo occidental» da guerra. Este libro analiza como se «racionaliza» a guerra, defendendo a existencia dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado- -nación. O autor analiza a «guerra vivida», non só a pensada, na perspectiva que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.