Zoe, tras un grave incidente no instituto, ten que comparecer ante a Fiscalía de Menores. Mentres o futuro da filla non se resolve, a súa nai decide enviala a Vilavedra, unha afastada aldea onde pasará o verán con Primitiva, a madriña da súa nai, unha vella desaborida á que a moza nin estima nin coñece. Zoe madurará e irá descubrindo pouco a pouco como asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecerá tamén a Roi, un mozo moi distinto a ela, e xuntos desentrañarán o misterio que envolve o pasado de Primitiva, que se agocha tras dun mangado de cartas e unha pandeireta. Agora que vén a noite vai construíndo, elo a elo, unha cadea que une o presente coa tradición.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.