Quen lle ía dicir a Mel que mudarse ao vello casarón da praia se convertería nunha aventura fantástica. Após a morte da súa nai, os catro irmáns e mais o seu pai abandonan a cidade para ir vivir no abandonado fogar da familia na aldea de Oires. As súas preocupacións centrábanse en reformar o casarón, reabrir a vella panadería e adaptarse ao peculiar estilo de vida dos seus veciños. Até que unha misteriosa rapaza co pelo da cor do mar comezou a aparecérselles nas noites de treboada. As ilustracións son de Eva Agra.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.