Un novo título en galego da colección Makakiños «Día a día», adaptado ao sistema SPC de pictogramas, no que se pode visitar unha biblioteca inclusiva da man de Nicolás. A colección Makakiños é unha iniciativa de Kalandraka en colaboración coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión de todas e todos. Nicolás vai á biblioteca amosa as múltiples posibilidades que ofrecen estes espazos e os diferentes materiais que están a disposición do público, ademais de mostrar como funciona o servizo de préstamo. De tons alegres e luminosos, as ilustracións de Alicia Suárez destacan polo seu carácter lúdico e a expresividade dos personaxes; son claras, perfectamente asociadas ao texto e nas que se aprecian ata os máis pequenos detalles para facilitar a súa comprensión. En tradución de Iago Nicolás

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.