Esta charca é un sitio singular, aos animais do bosque gústalles moito pero nela ocorre algo singular: un, dous, tres… plof! A abella, a mosca, a xoaniña, o caracol, o coello, o ourizo e ata un elefante desfilan por este divertido conto que se desenvolve cunha estrutura acumulativa-repetitiva. Unha aventura que fará rir e gozar aos pequechos, atraídos polo dinamismo, colorido e expresividade das ilustracións e sorprenderá tamén aos adultos polo seu final. As ilustracións son de Emilio Urberuaga e a tradución, de Maruxa Zaera Landeira.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.