O caldeiro de ouro

O caldeiro de ouro

15,00 

Publicada orixinalmente en 1814 e subtitulada «Un conto de fadas moderno», O caldeiro de ouro é probablemente a novela curta máis celebrada do gran mestre alemán da fantasía romántica E. T. A. Hoffmann, quen se serve da ironía e dun humor un tanto críptico para, en doce episodios intencionadamente denominados «vixilias», condensar o seu rico universo máxico. O protagonista da historia é o estudante Anselmus, quen vive nunha cotiandade bastante absurda na que rara vez o acompaña a sorte e na que de súpeto irrompe o marabilloso. Así, certo día, ao sentir a voz cristalina de Serpentina, unha criatura sobrenatural, vese atraído por un insólito mundo que o interpela e o convida a viaxar dende Dresden até o descoñecido. Traducido do alemán por Jairo Dorado Cadilla.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “O caldeiro de ouro”