Levitación, nivel iniciación

Levitación, nivel iniciación

14,95 

É a historia, en boa parte verdadeira, de Ákira, un diplomático xaponés que chega a España ao pouco de acabar a Guerra Civil. Na súa inopinada conversión ao catolicismo coñece unha familia coruñesa que o anima a visitar Galicia. Descobre que alí levita e para el será a Terra da Felicidade. No marco das viaxes e dun tristeiro Madrid en ruínas, abrolla un tenue amor entre Ákira e Isaura, filla daqueles galegos. No medio interponse, acaparador, Cholo, irmán da rapaza, un falanghista convencido, aproveitado, chupón e lacazán, tan xermanófilo como para seguir ao minuto a visita do xerarca nazi Himmler.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Levitación, nivel iniciación”