«Orixinalidade narrativa e temática en estado puro», di desta obra con rotundidade a editora. «O fráxil, o indómito, a violencia, a poesía, o delirio, a forma, o entusiasmo, a agonía, o futuro, a decepción, o inesperado e o cotián. Sesenta e un artefactos con xente atrapada, fantasía de andar pola casa, profesionais que fan o que poden, crueldade, ciencia ficción doméstica, mordacidade, dor e humor (…) É o Pifostio». Samuel L. París (Muros, 1984) é escritor, poeta e músico. Na actualidade dirixe e presenta o programa sobre poesía A Catapulta, en colaboración co Salto Galiza. Foi baixista da Terbutalina desde a súa formación ata 2017, banda coa que publicou sete traballos discográficos e coa que actuou en centos de concertos. Durante un ano tamén foi baixista en Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión

Reseñas
Aínda non hai valoracións.