As mans da miña avoa

As mans da miña avoa

18,61 

2 dispoñibles

Álbum cheo de amor, unha homenaxe ás avoas, ás mulleres que sostiveron o mundo. Os recordos, os afectos e a calma enchen o día dunha neta que pasa o verán coa súa avoa na casa da aldea. Días de facer queixo, de traballar a terra, de tecer mantas de retallos. De aprendizaxe, asombro, descubrimento, de paciente espera e profundos afectos. Unha obra que traslada no espazo e no tempo a través da sempre curiosa e observadora mirada da infancia. Unha historia tenra e chea de amor que anima a lectores e lectoras a apreciar o valor da cultura tradicional, conservada xeración tras xeración, e a pór en valor as cousas importantes da vida. Ilustracións de Susana Matos e tradución de Iago Nicolás. Inês Cardoso é xornalista. Dirixe o Jornal de Notícias, do que forma parte desde a súa fundación en 2009.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “As mans da miña avoa”