Alseida é unha fada que leva un mandil amarelo e botíns marróns. Durante o día, danza entre as corredoiras tras as bolboretas e á noitiña dorme no oco dunha sobreira coa compaña do seu amigo gnomo e o gato da capela. Noutro dos contos, cada verán, Vega e as irmás perseidas, espallan as súas melenas douradas e atravesan o ceo a unha velocidade tan meteórica que hai que prestar moita atención para ollalas e pedirlles unha arela. Outro fala das aventuras de Antía e outras cunchiñas de vieira, que logo de invernar nun aparador, son descubertas por Lois, un mozo ao que lle gusta moito a música folk. O derradeiro conto fala dun temesiño nobelo de la azul que habita nunha cesta de vimbio, entre as agullas de calcetar.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.