Isadora leva unha vida plena e atarefada na súa casa en compañía de Coelliño Rosa. Dende o seu dormitorio na torre máis alta pode ver toda a cidade e saír a voar entre a lúa e as estrelas, pero un día os seus pais opinan que xa ten a idade necesaria para ir á escola. Isadora esforzarase por comportarse coma unha fada completa e ser todo o que os vampiros agardan dela sen deixar de ser ela mesma. Harriet Muncaster crea unha personaxe irreverente, divertida e un chisco aloucada que representa á perfección as dúbidas, problemas e desafíos aos que se enfrontan as cativas ao longo da infancia. Isadora Moon non é fada nin vampira, pero iso non é un problema para ela: é xusto o que a fai especial e única.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.