Os límites do crecemento. Informe para o proxecto do club de Roma sobre os retos da humanidade

Os límites do crecemento. Informe para o proxecto do club de Roma sobre os retos da humanidade

En 1972 publicábase “The limits to Growth”, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario: no paso dende o capitalismo produtivo ao capitalismo financeiro; no comezo da globalización económica e das tecnoloxías da información e comunicación, unha consecuencia doutra.
O resultado reafirma que o camiño que seguiu a humanidade ata daquela era erróneo, e suxire alternativas para reconducir a situación, demandando actuacións con urxencia. Conclusións que foron duramente atacadas dende o poder establecido.
Cincuenta anos, varias edicións e traducións a máis de trinta linguas tiveron que pasar para comezar a declarar a situación do planeta como de emerxencia, ao que se se suma esta primeira tradución ao galego.

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ensaio
Autor: Donella H. Meadows,VV. AA.
ISBN: 9788491518457
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 232

22,20 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Resumo do informe para o proxecto do Club de Roma sobre os retos da Humanidade, publicado hai medio século, do que son autores Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers, Milliam W. Behrens III. No limiar dos tradutores Juan J. Casares Long e José A. González indícase que o traballo pode avaliarse como audaz e innovador. A súa principal conclusión científica é que os retardos na toma de decisión a nivel global pode causar que a economía supere os límites planetarios antes de que o crecemento da pegada ecolóxica da humanidade comece a reducirse.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Os límites do crecemento. Informe para o proxecto do club de Roma sobre os retos da humanidade”