Un divertidísimo álbum que convida a xogar coas palabras e coas imaxes. Mamá sempre di que o protagonista do libro é o seu pequeno coala. Papá non opina o mesmo, cre que son é seu ratiño. E, cando durme, os dous pensan que é un leirón… Cada día e en diferentes situacións, os adultos empregan símiles e metáforas que non sempre son ben comprendidos polas nenas e os nenos máis pequenos. Estas aparentes dificultades son a materia coa que Matilde Tacchini crea esta historia chea de humor, dobres sentidos e situacións hilarantes que invita a xogar coas marabillosas posibilidades creativas da linguaxe. As ilustracións de trazo fresco e rápido de Mercè Galí dialogan co texto acentuando o seu sentido do humor e deixando pistas sutís que conducen a un sorprendente final. Traducido por Manuela Rodríguez.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]

Reseñas
Aínda non hai valoracións.