Xogar coa pólvora. A educación das mulleres e as mulleres como educadoras

Xogar coa pólvora. A educación das mulleres e as mulleres como educadoras

22,20 

1 dispoñibles

Narciso de Gabriel arma o libro arredor de tres homes ilustrados: Feijoo, Sarmiento e Vicente do Seixo. Tres mulleres ilustres: Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. Dous eventos: os debates que sobre a educación feminina tiveron lugar no Ateneo da Coruña en 1859 e no Congreso Pedagóxico Hispano-Portugués-Americano celebrado en Madrid en 1892. E dous procesos históricos: o acceso das mulleres á escola e ao profesorado. A tese central condénsase no subtítulo: a necesidade de educar as mulleres xustificouse historicamente atendendo á súa función de nais educadoras. Unha educación que, así e todo, non estaba exenta de riscos: a ilustración das mulleres podía desvialas do camiño que a sabia natureza lles marcaba. Non conviña xogar coa pólvora.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Xogar coa pólvora. A educación das mulleres e as mulleres como educadoras”