Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en “Ben mantidos” un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, as vieiras…
Unha novidosa interpretación da nosa historia, unha “nova crónica de nós”, fornecida de alento e optimismo e cunha ollada que permita que as novas xeracións se identifiquen cunha sociedade vizosa que pasou penurias xa superadas, o que leva ao autor a soster que, coa dieta atlántica, os galegos estivemos, e seguimos a estar, ben mantidos.
E moi satisfeitos cos nosos xantares.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]

Reseñas
Aínda non hai valoracións.