Un percorrido pola mitoloxía e as crenzas populares en compañía dalgúns dos personaxes máis coñecidos. Dende o Centauro ao Lobishome, do Unicornio á Esfifinxe. Hai animais verdadeiros, reais, e outros fantásticos, marabillosos, nados da imaxinación, que pasaron a ocupar un espazo no imaxinario poético das civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais, e que sentaron as bases da literatura fantástica. José Jorge Letria e André Letria, pai e fillo, presentan unha selección de 19 destes animais máxicos. Unha viaxe a través da memoria e da imaxinación creadora dos pobos. Traducido por Xosé Ballesteros.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión

Reseñas
Aínda non hai valoracións.