O señor Porcón vivía cos seus fillos, Miguel e Antón,  nunha bonita casa cun bonito xardín, e cun bonito coche nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller. “Bule co almorzo, muller”. Berraba todas as mañás  antes de marchar para o seu importantísimo traballo.  “Bule co almorzo, mamá”. Berraban Miguel e Antón  antes de marcharen para a súa importantísima escola…  Así un día e outro día, ata que a señora Porcón se fartou  de que sempre a trataran coma unha criada. Cando decide marchar, a súa nota de despedida é demoledora:  “Sodes uns porcos!”. Papá Porcón e os seus fillos terán daquela que facerse cargo de tódalas tarefas domésticas que antano  tiñan resoltas: limpar, facer a comida, as camas, pasar o ferro…
“O libro dos porcos” é un traballo altamente recomendable  para iniciar aos lectores nunha educación baseada na igualdade, na colaboración e no concepto de familia. O autor válese dunha sinxela metáfora visual para explicar o seu obxectivo:  no momento no que o aseo e as normas do fogar se descoidan,  os protagonistas son representados non como persoas,  senón como cochos. A figura do porco permite así reflexionar  sobre os diferentes significados -literais ou figurados-  desta palabra tan simbólica: ser porco ou comportarse como tal.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
		
						[language-switcher]
						
				
															
															
Reseñas
Aínda non hai valoracións.