Unha colección de ocorrencias baseadas no «nonsense» que debuxarán sorrisos e farán brotar gargalladas de xúbilo.
Un rato rodeado de exquisitos manxares e que, indeciso ante a abundancia, queda sen probar ningún; dous touros presumidos que aburren as vacas; un home con tanta présa que xa non sabe onde vai… e así ata “28 historias para rir”. Ursula Wölfel reuniu neste volume un brillante conxunto de relatos humorísticos baseados no nonsense, con certa carga surrealista pero invitando a reflexionar sobre a súa lóxica interna. Por moi inverosímil e disparatada que soe cada aventura, o público acaba sendo solidario e comprensivo cos estraños comportamentos dos personaxes.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.