O que amaba Otero Pedrayo era Galicia e este “Ensayo histórico sobre la cultura gallega” é a expresión máis evidente do que él quería facer. O texto está concibido como un ensaio histórico, pero os seus contidos van alén desta definición, porque, trátase dunha auténtica interpretación do ser ou da “alma” de Galicia. A paixón que anima a prosa de Otero Pedrayo deriva dunha vontade de explicar a esencia da patria para que esta poida ser redimida non por un individuo, senón polo pobo no seu conxunto, un “pobo en camiño”. Porque o libro está escrito nun tempo en que se ventaban algunhas mudanzas e moitas esperanzas sobre o porvir. O ensaio oteriano é, pois, algo máis do que un texto académico ou de ocasión. Trata de construir unha explicación ou teoría de Galicia, co formato de ser un texto ordenado en modo temporal, destinado a lectores que experimentarán a “descoberta de Galicia”.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.