O espazo de fóra abre paso á descuberta dalgúns dos misterios de viaxar a outra dimensión, combinando literatura (a atractiva e perigosa aventura que viven Lucy, Kogy e Ure) e Física (os coñecementos actuais sobre as posibilidades de viaxar a outro espazo e a outro tempo). Unha moza e dous mozos enredan despois das clases explorando as posibilidades teóricas de viaxar ao espazo, cando as cousas toman un xiro inesperado e acaban vivindo unha frenética aventura con dous viaxeiros do tempo. Moita xente pensa que os milagres máis abraiantes acontecen no mundo da fantasía. Mais hai un espazo onde suceden cousas tan fascinantes que fan palidecer calquera arrouto da imaxinación humana: na realidade que nos rodea; non son produto dunha ilusión, senón das verdades que foi descubrindo e demostrando a Física. A tradución é de María Reimóndez.

Convidado
Faga clic para iniciar sesión
[language-switcher]
Reseñas
Aínda non hai valoracións.