Corpus dos petróglifos de Galicia

Corpus dos petróglifos de Galicia

En 1930 Ramón Sobrino Buhígas viaxa a París e Londres cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, coa finalidade de entrar en contacto con investigadores e organizacións que lle permitan abordar unha análise comparativa dos petróglifos galegos con outros conxuntos sobresaíntes da arte rupestre europea. Sobrino volve a Galicia con importantes contactos persoais e cunha amplísima lista de referencias bibliográficas coas que enriquecer o seu traballo. Sobre estes alicerces confórmase a armazón teórica e metodolóxica que permitirá darlle ao Corpus dos petróglifos de Galicia unha perspectiva europea. Case cen anos despois, aparece esta nova edición que inclúe o texto en galego (orixinariamente foi publicado en latín), así como un estudo preliminar e abondosos documentos gráficos para afondar na figura do grande arqueólogo galego. Estudo preliminar de Ángel Nuñez Sobrino. En tradución de Xosé Souto.

Editorial: Edicións Morgante
Autor: Ramón Sobrino Buhígas
ISBN: 9788415166832
Edición: Novembro 2020
Páginas: 248

18,00 

1 dispoñibles

En 1930 Ramón Sobrino Buhígas viaxa a París e Londres cunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios, coa finalidade de entrar en contacto con investigadores e organizacións que lle permitan abordar unha análise comparativa dos petróglifos galegos con outros conxuntos sobresaíntes da arte rupestre europea. Sobrino volve a Galicia con importantes contactos persoais e cunha amplísima lista de referencias bibliográficas coas que enriquecer o seu traballo. Sobre estes alicerces confórmase a armazón teórica e metodolóxica que permitirá darlle ao Corpus dos petróglifos de Galicia unha perspectiva europea. Case cen anos despois, aparece esta nova edición que inclúe o texto en galego (orixinariamente foi publicado en latín), así como un estudo preliminar e abondosos documentos gráficos para afondar na figura do grande arqueólogo galego. Estudo preliminar de Ángel Nuñez Sobrino. En tradución de Xosé Souto.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Corpus dos petróglifos de Galicia”