As peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario. A inflación xacobea está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. O autor indaga na relación destas peregrinacións coa súa historia e pregúntase canto hai de operación política e turística na actual recreación contemporánea das vellas peregrinacións e se promoven realmente o desenvolvemento do país. Un texto elaborado dende un punto de vista histórico e crítico, “afastado por tanto da propaganda oficial que manipula o pasado no seu propio beneficio e dos que din crer nela”.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.