Os xigantes tecnolóxicos Google, Facebook, Amazon ou Twitter fan circular información como se dunha simple mercadoría se tratase. Sen que os poderes institucionais e políticos fixeran nada por regular esa nova orde global sostida polos contravalores da desinformación e a mentira. En medio dese tsunami, os medios tradicionais e o xornalismo son ao tempo vítimas -desactivan a súa función política de intermediarios- e cómplices -réndense ao sensacionalismo. O autor deste libro seguiu con mirada crítica ese proceso de progresiva degradación do sistema de comunicación, e articulou un trazado de causas, efectos e responsabilidades que teñen no acontecer político, social e cultural dos últimos 32 anos a súa bagaxe contextual.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.